Menú Cerrar

Prata para Nerea Conde e Sandra Pérez na Carreira Nocturna de Celanova [03.06.2023]

Por Suso López:
O sábado 3 de xuño, Celanova acolleu a súa XVIII Carreira Nocturna, unha proba que reuníu a máis de 300 atletas que percorreron as rúas da vila ourensá. Entre eles, destacou a presenza dunha nutrida representación dos Esprintes Ourense, que lograron uns estupendos resultados, especialmente as dúas representantes femininas: Nerea Conde e Sandra Pérez, que acadaron dúas pratas nas súas respectivas categorías.
Celanova é “pedra e poesía”, como decía Curros Enríquez, e iso quedou reflectido no espectacular percorrido da carreira, que combinou tramos urbanos con outros máis naturais. O primeiro en chegar á meta foi Luis Fornos, que o fixo en 36 minutos e 55 segundos, acadando o posto 13 na categoría de M45 e o 68º na xeral. A tan só un minuto e 14 segundos de Luis, cruzou a liña de chegada Felipe Iglesias, que foi 22º da categoría M45. A seguinte en facer o seu pase pola meta foi a fichaxe revelación da tempada: Nerea Conde. A súa marca de 38 minutos e 51 segundos foi suficiente para facerse coa segunda posición da categoría M35 e o posto 99º na xeral. A 18 segundos de Nerea, chegou o tipo que máis fotos ten do equipo: o noso influencer César Leboso, que acadou o sexto posto na categoría de M55 e 105º da xeral.
A seguinte en facer a súa entrada triunfal foi a nosa gran promesa: Sandra Pérez. Cun tempo de 42 minutos e 44 segundos, tamén se colgou a prata da súa categoría SUB18F, ocupando a posición 153º na xeral. Xusto detrás dela, escudando á súa filla e a tan só un segundo, entrou Manuel Rafael Pérez, que foi 20º na categoría M50 e 154º na xeral.
O penúltimo por chegar foi Suso, que fixo un tempo de 42 minutos e 44 segundos, situándose no noveno posto da categoría M55 e o 161º na xeral. O último foi o primeiro en nacer dos asistentes: José Manuel Pérez, que tardou 44 minutos e 52 segundos en completar a proba, sendo décimo da súa categoría M60 e o 192º na xeral.
Os Esprintes demostraron unha vez máis o seu bo facer nas carreiras populares, deixando o pabellón moi alto na Nocturna de Celanova. Parabéns a todos eles!