Riveira 21 , Campeonato Gallego de medio Maratón

O Concello de Riveira e a Federación Galega de Atletismo organizan o vindeiro 03 de xuño de 2018 o II Medio Maratón Riveira21, que será a súa vez Campionato de Galicia absoluto e das categorías júnior, promesa e veteráns. A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.
SAÍDA: A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas desde a localidade de Aguiño en Riveira. Os corredores serán trasladados en autobuses desde a zona do Malecón de Riveira a partir das 08.30 horas.
CIRCUITO: O percorrido consistirá nunha saída desde a localidade de Aguiño, un traxecto lineal ata Riveira e 2 voltas a un circuíto urbano desde o malecón de Riveira ata a zona de Coroso. O circuíto estará homologado pola Real Federación Española de Atletismo (R.F.E.A.).
INSCRICIONS E PRAZOS
  • As inscricións populares realizaranse a través da pasarela da páxina web www.carreirasgalegas.com . Estará operativa desde o 11 de abril de 2018 ás 10:00 horas ata o mércores 30 de maio ás 23.59 horas do día  de 2018.
  • Para o campionato de Galicia realizaranse no ligazón e terán que ser os clubes os que inscriban no campionato aos seus atletas.  MANDAR CORREO AL SECRETARIO ASUNTO ” CAMPEONATO  21k)
A inscrición no Campionato será gratuíta, pero o atleta que non se inscriba no medio maratón Riveira21 perderá a opción a recibir o agasallo técnico nin optar a calquera tipo de premio da carreira popular.
ENTREGA DE DORSAIS-CHIP: Realizarase o sábado no Complexo Deportivo de A Fieiteira de 17.00 a 20.00 horas,  e o domingo 03 de xuño entre ás 08.30 e 09.30 horas na zona do Malecón.
AVITUALLAMENTOS: Realizaranse postos de avituallamento nos kilómetros 5, 10, 15 e meta.
SERVIZOS MÉDICOS: A proba dispoñerá dos servizos médicos conforme a lei vixente para competicións deportivas.
OUTROS SERVIZOS: A organización poñerá a disposición das persoas participantes avituallamento e GARDARROUPA na zona de saída/meta, e duchas e vestiarios no polideportivo municipal de Coroso e Centro Deportivo de A Fieiteira.